Ortegal,
ao teu gusto

Descobre os motivos
para viaxar a Ortegal

Impresionantes cantís e fabulosas panorámicas, vilas con carácter e natureza en estado puro: Ortegal é un tesouro natural por descubrir en calquera época do ano.

 

Son moitos os motivos polos que visitar Ortegal. Percorrer o noso territorio, máis que unha viaxe, é unha emoción.

Inspírate

Que mellor maneira de conectar coa natureza, co patrimonio e a historia local que desfrutando paseniño de cada recuncho, tendo moi presente a paisaxe e os seus sons.

 

Coñecerás a flora e a fauna de fragas autóctonas, vilas mariñeiras, areais, faros e miradoiros emprazados no punto máis septentrional da península ibérica, así como os cantís máis altos da Europa continental.

Imprescindibles

Son numerosos os equipos de rodaxe que trasladan as súas producións cinematográficas a Ortegal.

 

No litoral ortegano poderás desconectar do estrés nas súas praias, ou en lugares máxicos. Son lugares imprescindibles para a túa visita o Cabo Ortegal, a vila de Santo André de Teixido, os cantís de Loiba e a vila do Barqueiro.

Experiencias

Descobre da man das empresas locais os diferentes roteiros a pé pola costa e polo bosque, deixa que che descobran as mellores ondas para facer surf, fai unha ruta en kaiak e sae a nevegar nun veleiro, e tamén déixate guiar nunha ruta a cabalo en plena natureza.

 

Actívate en Ortegal!

Restaurantes

Ortegal ten unha gastronomía baseada na pesca de baixura e o marisqueo, que fai que a materia prima que se emprega na elaboración dos pratos típicos posúa unha maior frescura. Percebes, lumbrigantes, nécoras, berberechos, a pescada, o rape, as sardiñas ou o bonito son as estrelas desta zona.

Aloxamentos

Se precisas relaxamento, desconexión ou contacto coa natureza, en Ortegal atoparás dende marabillosos hoteis con vistas á costa, a pequenos hostais con encanto, casas rurais en plena natureza ou granxas ecuestres.

 

Descobre os aloxamentos de Ortegal.