A Sobreposta

Un restaurante con “caracter propio” ¡VEN, E COME O MAR!

Un restaurante con carácter propio
A Sobreposta abre as súas portas en xullo de 2011 no Porto do Barqueiro como un restaurante con carácter propio.
Os fundadores fixeron especial fincapé en ligar dous conceptos que están levados á súa máxima expresión na zona: o produto fresco e de calidade e as marabillosas vistas dende o porto.
En primeiro lugar elaborouse unha carta baseada na comida tradicional primando peixes e mariscos obtidos da pesca do día.
En segundo lugar e, non menos importante, está a localización do restaurante que se atopa encima das dependencias dos pescadores. Grazas a un completo frontal de cristal, os visitantes poden degustar os seus pratos compartindo unha panorámica incrible da ría e da actividade dese porto pesqueiro.

Enderezo

Porto do Barqueiro, s/n, O Barqueiro
15337 Mañón
A Coruña (España)

Galería fotográfica