Casa A Pasada

Casa de turismo rural para desconectar totalmente da rutina. Xestionada por unha guía turística oficial.

Con dous séculos de antigüidade, a última restauración data de 2005: as obras respectaron fielmente a vella estrutura arquitectónica, sustentada en grosos muros de carga de pedra, extraída de canteiras da zona, e madeiras nobres (sobre todo castaño). O nome da aldeae da casa fai referencia ao seu relevante papel como “lugar de paso”, para os peregrinos que, camiño de Santo André de Teixido, buscaban hospedaxe.

Con cinco habitacións dobres con baño, w-fi, aparcamento, xardín, almorzos caseiros, la oferta de A Pasada compleméntase co trato cordial de María, guía turística oficial de Galicia, que facilitará toda a información que poidas precisar da zona e axudarache a trazar as rutas que queiras seguir en toda a rexión.

Enderezo

A Pasada 15, San Román
15350 Cedeira
A Coruña (España)

Galería fotográfica