Casa rural Soutomoro

Unha casa rural activa

Casa Rural construída en pedra con máis de cen anos de antigüidade situada en Loiba, no lugar de Soutomoro, concello de Ortigueira.

A aldea de Soutomoro está semi abandonada, e conserva as súas casas, campos, capela e bosques de eucaliptos, pinos, castaños… Un lugar onde se respira tranquilidade e con diferentes opcións para a diversión e o lecer.

Atópase nunha zona idónea para desfrutar da natureza, xa que está localizado ao norte da península ibérica, a tan so uns quilómetros de Estaca de Bares, o Mellor Banco do Mundo, Cabo Ortegal, praias e cantís solitarios, serras de Coriscada e Faladoira, río Sor, etc.

Así mesmo atópase a moi pouca distancia de Viveiro e Ortigueira, podendo gozar de todo o norte da provincia de Lugo e A Coruña.
Ademais os xerentes desta casa, a través da empresa Actividades Estaca, propóñenche plans de turismo activo para que goces ao máximo da zona.

Enderezo

Soutomoro, 1. Loiba
15330 Ortigueira
A Coruña (España)

+34 609 956 452

628 775 077 / 609 956 452

Tripadvisor

Galería fotográfica