Casa Veiga

Casa Veiga está feita para o descanso e a tranquilidade.

Restaurada no século pasado e decorada con coidado e  agarimo. Toda a roupa do fogar é de boa calidade, non faltan as sabas de algodón bordadas, e toallas frescas e secas. Ten sala de estar con cheminea e calefacción, cociña equipada con todo o necesario.

Na contorna, praias salvaxes onde bañarse, paseos por prados e bosques, rutas a cabalo ou en kaiak e moitas máis alternativas para pasar uns días na Ría de Ortigueira.

A nosa aldea chámase San Adrián de Veiga e atópase entre as veiras da Ría de Santa Marta e a faldra da Serra da Capelada. A aldea é pequena e moi tranquila. A súa xente e a situación convértena no lugar ideal para un bo descanso.

Enderezo

Casa Cruz Pequena, San Adrian de Veiga 15367 Ortigueira A Coruña (España)

Galería fotográfica