Hotel de Natureza A Miranda

Hotel concibido como un lugar para descansar e gozar da contorna natural, propoñémosche vivir una experiencia de turismo rural orixinal.

O Hotel de Natureza A Miranda abriu as súas portas en maio de 2007. Foi deseñado polo arquitecto Jorge Cao Abad. A nosa idea dende un principio era integrar tanto a edificación como o proxecto empresarial no espazo natural e social que o rodea, creando un establecemento de turismo rural de atmosfera contemporánea. A Miranda é un hotel de seis habitacións dobres e una suite, situado no corazón da ría de Ortigueira, e no concello de Cariño. Atópase aproximadamente a unha hora e cuarto da cidade da Coruña. Concibido como lugar para descansar e gozar da contorna  natural, en A Miranda propoñemos vivir unha experiencia de turismo rural marcadamente orixinal, chea de detalles e toques persoais cos que creamos un ambiente que sorprende.

En A Miranda colaboramos coas empresas de restauración da zona, que ofrecen pratos sinxelos e de moi boa calidade. Do mesmo xeito, informamos das propostas que ofrecen as empresas de actividades da comarca. Destacamos as rutas en veleiro, en canoas, o surf, e bonitos paseos a cabalo, que completan as experiencias en Ortegal: “A comarca secreta”.

Enderezo

Lugar do Barral nº 29 Feás
15366 Cariño
A Coruña (España)

Galería fotográfica