Hotel Porto do Barqueiro

A escasos metros da dársena do Porto do Barqueiro, transmite toda a vivencia do pobo mariñeiro.

 

O Hotel Porto do Barqueiro é un establecemento aberto en 2009 e que se atopa a escasos metros da dársena do Porto do Barqueiro, un enclave que transmite toda a vivencia de un típico pobo mariñeiro.
A cincuenta metros, o visitante pode somerxerse no bulicio das terrazas de verán na dársena do porto, desfrutar da excelente gastronomía local ou pasear pola veira dunhas augas que fusionan o Océano Atlántico e o Mar Cantábrico.

Cun total de 24 habitacións, o Hotel Porto do Barqueiro está deseñado para o confort dos hóspedes e para facilitar o desfrute da beleza desta zona na que a montaña e o mar se funden dunha forma espectacular.
Dispón de 19 habitacións con cama de matrimonio e 5 con dúas camas. Ademais, unha delas está adaptada para persoas con mobilidade reducida. O hotel conta con ascensor, wifi gratuíto e compre cos estándares de accesibilidade.

Enderezo

RÚA FEDERICO MACIÑEIRA S/N, O BARQUEIRO
15337 Mañón
A Coruña (España)

Galería fotográfica