O Vilar

Casa de aldea localizada nunha das ladeiras do Val de Mera de Arriba.

O Vilar é unha casa de aldea con máis de 250 anos de antigüidade situada na ladeira do Val de Mera de Arriba, a so 3 km da desembocadura do río Mera, concello de Ortigueira (A Coruña). A casa, construída no século XVIII, está recentemente restaurada pero segue conservando a súa estrutura orixinal. O VILAR conta cunha finca de 12.000 m² con xardín, bosque de árbores autóctonos e prados. Ademais, O Vilar atópase a so 10 minutos das praias de Ortigueira, Cariño e Cedeira e a 15 km do Santuario de San Andrés de Teixido.

O aloxamento, de típica construción rural galega, pódese alugar de forma completa ou por habitación durante todo o ano. Conta cunha superficie de 250 m² e o seu estado de conservación é bo. Garantiámoslle unha estancia tranquila xa que se atopa lonxe do núcleo rural e conta con acceso asfaltado. Atopámonos nun espazo natural de réxime de protección especial.

No noso aloxamento poderá desfrutar de actividades propias da casa (sendeirismo, bicicletas, etc.) ou da zona (paseos a cabalo, quads, pesca, piragüismo, praias, montañas, etc.)

Enderezo

Esteiro de abaixo, 5 – Feás
15366 Cariño
A Coruña (España)

Galería fotográfica