Gústanche os animais? as actividades ecuestres? Entón debes coñecer Ortigueira, no corazón da comarca de Ortegal montando a cabalo, é unha das opcións máis orixinais coa que reconectarás contigo mesmo a través da natureza e dos animais.
Hai diferentes vieiros a cabalo, con distintos niveis de dificultade para que todas as persoas visitantes poidan realizalas. Discorren por camiños e sendas, polo interior das fragas, fervenzas e miradoiros, que nos permitirán abraiarnos a cada paso. Muíños restaurados como os de Ponte Noval, que nos falan dun pasado moi presente, no que a xente acudía a eles a moer o gran, obtido das súas terras. Cabalgaremos polas chamadas montañas da néboa na Serra da Capelada e sentirémonos un pouco máis libres ao carón daqueles animais que se crían ceibos e en liberdade nestes recunchos da nosa terra.
Ademáis se prefires disfrutar dunha clase de equitación no propio recinto é outra das oportunidades que tes, xunto con facer unha visita a unha granxa con animais cos que interactuar.
Unha experiencia única e enriquecedora, que fará da túa visita ao Ortegal unha lembranza imborrable.
Consulta as rutas ecuestres na seguinte ligazón: Granxa do Souto