Máis información

ASOCIACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO DO TURISMO DE CALIDADE DA COMARCA DE ORTEGAL

A Asociación conta coa súa propia oficina de turismo. Sita na rúa Eusebio Dávila, en Ortigueira, é un punto de información sobre a Comarca e os proxectos que a Asociación está a levar a cabo para o fomento do turismo e da calidade do mesmo en Ortegal.

  • info@turismodoortegal.com
  • turismodoortegal@gmail.com
  • Visítanos na nosa oficina de información turística (consultar os períodos de apertura con antelación).

Esta páxina web foi financiada pola Deputación Provincial da Coruña, baixo o programa de subvencións dirixido a entes de xestión, asociacións, mancomunidades e consorcios turísticos para a mellora da calidade, competitividade e actividades turísticas, da provincia da Coruña, no ano 2019.

Todas as fotografías forman parte dun banco de imaxes propio da Asociación para o Desenvolvemento do Turismo de Calidade da Comarca de Ortegal, agás as cesións realizadas pola Axencia Galega de Turismo (praia de Esteiro), Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrolterra (vila de Santo André de Teixido), Concello de Ortigueira (Festival Folk de Ortigueira) e Concello de Cedeira (praia de Areas Negras, autoría de Juan L. Rúa).

OUTRAS OFICINAS NO TERRITORIO

Os concellos que forman parte da Asociación para o desenvolvemento do turismo de calidade na Comarca do Ortegal, ademais da oficina propia, contan con 4 oficinas de información turística municipais:

Oficina de información turística de Cariño
Avenida da Paz s/n
Teléfono: 981.405.064
Mail: turismo@concellodecarino.gal

Oficina de información turística de Cedeira
Avenida de Castelao, 18. Palacete Municipal.
Teléfono: 981.482.187
Mail: mar.lopez@cedeira.gal

Oficina de información turística de Ortigueira
Avenida da Escola de Gaitas, s/n, 15330 Ortigueira.
Teléfono: 981 974 103
Mail: turismo@concellodeortigueira.com

Oficina de información turística de Mañón
Praza do Mesón, 1. 15337 O Barqueiro (Mañón)
Teléfono: 981 414 002
Mail: correo@manon.es