Política de privacidade

1. INFORMACIÓN Á PERSOA USUARIA


A Asociación para o Desenvolvemento do Turismo de Calidade na Comarca de Ortegal con CIF G15873037, en diante RESPONSABLE, é o Responsable do tratamento dos datos persoais do Usuario e infórmalle que estes datos serán tratados de conformidade co disposto no Regulamento (UE) 2016/679 do 27 de abril de 2016 (GDPR) e a Lei Orgánica 3/2018 do 5 de decembro (LOPDGDD) relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos, polo que se lle facilita a seguinte información do tratamento:

Fin do tratamento: manter unha relación profesional co Usuario. As operacións previstas para realizar o tratamento son:

  • Tramitar encargos, solicitudes ou calquera tipo de petición que sexa realizada polo usuario a través de calquera das formas de contacto que se poñen á súa disposición referente aos servizos prestados.

Base xurídica do tratamento: consentimento da persoa interesada.

Criterios de conservación dos datos: conservaranse mentres exista un interese mutuo para manter o fin do tratamento e cando xa non sexa necesario para tal fin, suprimiranse con medidas de seguridade adecuadas para garantir a seudonimización dos datos ou a destrución total dos mesmos.

Comunicación dos datos: Non se comunicarán os datos a terceiras persoas, agás obrigación legal.

Dereitos que asisten á persoa usuaria:

  • Dereito a retirar o consentimento en calquera momento.
  • Dereito de acceso, rectificación, portabilidade e supresión dos seus datos e á limitación ou oposición ao seu tratamento.
  • Dereito a presentar unha reclamación ante a autoridade de control (www.aepd.es) se considera que o tratamento non se axusta á normativa vixente.

Datos de contacto para exercer os seus dereitos:

Enderezo postal: Rúa Eusebio Dávila nº 12, baixo. 15.330 Ortigueira (A Coruña)
Email: turismodoortegal@gmail.com

 

2. CARÁCTER OBRIGATORIO OU FACULTATIVO DA INFORMACIÓN FACILITADA POLA PERSOA USUARIA

As persoas usuarias, mediante a marcación das casiñas correspondentes e entrada de datos nos campos, marcados cun asterisco (*) no formulario de contacto ou presentados en formularios de descarga, aceptan expresamente e de forma libre e inequívoca, que os seus datos son necesarios para atender a súa petición, por parte do prestador, sendo voluntaria a inclusión de datos nos campos restantes. O Usuario garante que os datos persoais facilitados ao RESPONSABLE son veraces e faise responsable de comunicar calquera modificación dos mesmos. O RESPONSABLE informa e garante expresamente aos usuarios que os seus datos persoais non serán cedidos en ningún caso a terceiros, e que sempre que realizase algún tipo de cesión de datos persoais, pedirase previamente o consentimento expreso, informado e inequívoco por parte os Usuarios. Todos os datos solicitados a través do sitio web son obrigatorios, xa que son necesarios para a prestación dun servizo óptimo ao Usuario. No caso de que non sexan facilitados todos os datos, non se garante que a información e servizos facilitados sexan completamente axustados ás súas necesidades.

  

3. MEDIDAS DE SEGURIDADE

Que de conformidade co disposto nas normativas vixentes en protección de datos persoais, o RESPONSABLE está a cumprir con todas as disposicións das normativas GDPR para o tratamento dos datos persoais da súa responsabilidade, e manifestamente cos principios descritos no artigo 5 do GDPR, polos cales son tratados de maneira lícita, leal e transparente en relación co interesado e adecuados, pertinentes e limitados ao necesario en relación cos fins para os que son tratados. O RESPONSABLE garante que implementou políticas técnicas e organizativas apropiadas para aplicar as medidas de seguridade que establecen o GDPR co fin de protexer os dereitos e liberdades dos Usuarios e comunicoulles a información adecuada para que poidan exercelos.